A relación de Alvaro Cunqueiro coa lingua galega, o período de residencia en Mondoñedo (1947-1960) no que escribiu as súas obras narrativas fundamentais e as claves do mundo imaxinario do autor de Merlín e familia. Velaquí algúns dos asuntos nos que este ensaio pescuda para achegar aos lectores unha
Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela, nado en Forcadela (Tomiño) o 25 de xullo de 1958, é un escritor galego.
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa en xullo de 1985, foi Catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio en excedencia e tamén exerceu como Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutorouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal, dirixida por Xosé Luís Couceiro. Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York).
Colaborou habitualmente en revistas e xornais como A Trabe de Ouro, Cumieira das Letras, Tempos Novos, Follas novas: revista de estudos rosalianos, Madrygal: Revista de estudios gallegos, Boletín da Real Academia Galega, Grial, Dorna: expresión poética galega, Festa da palabra silenciada, Boletín galego de literatura, Viceversa: revista galega de traducción.
e descubre todas as novidades do libro en galego