1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A BRUXA SELANA
A BRUXA SELANA

A BRUXA SELANA

ALBA DE EVANLAURA CORTÉSXabier Domínguez Pérez
0 veces listado

A bruxa Selana vive en Escaravalleira, onde pasa o tempo entre o colexio, os seus amigos e os estudos máxicos. Pero non todo o mundo ve con bos ollos a maxia e, cando o seu compañeiro Saúl séguea en segredo, un accidente durante a creación dunha apócema desencadea un perigoso enredo. Para tentar…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIÓNS DO CUMIO
Data publicación
2021-10-11
Páxinas
84
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4828-9547-5
EAN
9788482895475
Formato
TAPA DURA
Avatar

ALBA DE EVAN

Ver autor

Alba de Evan Freijedo, nada en Vigo en 1987, é unha docente e escritora galega.

Estudou a Primaria na cidade onde naceu, mais a Secundaria fíxoa no IES Blanco Amor de Ourense, onde comezou a interesarse pola escrita, participando en varios certames literarios.

Realizou a licenciatura de Historia e o Mestrado de Profesorado en Ourense. Exerce a docencia desde que se gradou.

Estreouse na literatura infantil ilustrada co relato A Superavoa de Antón, escrito co seu compañeiro Xabier Domínguez Pérez, e editado tanto en galego coma en castelán pola organización Meu Rei.

Tamén creou con Xabier Domínguez a serie Naturizo con temática medioambiental, que transcorre na Serra de San Mamede, dos que hai, ata o de agora, nove títulos publicados.

No ano 2020 fundouse Antela Editorial, dedicada á literatura infantil e xuvenil, da que é cofundadora e onde tamén exerce o papel de editora.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

Na miña constante procura de lecturas para facer entre o alumnado de primaria caeu nas miñas mans este libro, A bruxa Selana, unha novela moi divertida de Alba de Evan, Xabier Domínguez e Laura Cortés, publicado na colección Minicumio de Cumio. Na bruxa Selana atopamos a esta nena, neta da bruxa Emelina e que compatibiliza a súa formación como bruxa co colexio normal, onde ten moitos amigos e amigas e outros que non o son tanto... Por suposto que chega á escola na súa vasoira, non ía ser menos, pero... fará tamén os deberes con axuda dalgunha apócema máxica? O seu compañeiro Saúl ten certas dúbidas e decide investigar pero desconfiar de Selana vai terlle un alto prezo e a nosa bruxa terá que solucionalo. O que máis me gustou deste libro é o seu ton alegre e positivo, algo que conseguen tanto o texto como as ilustracións. Alegre, sinxelo, cunha historia fácil de seguir pero que require unha boa dose de autonomía lectora, un gran libro para nenas e nenos con bo nivel de lectura e que busquen unha novela sinxela, bonita, con sentido do humor e que integre fantasía (bruxas, conxuros e á Santa Compaña). Un moi bo cóctel para horas de lectura agradable!

Outros libros de ALBA DE EVAN

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego