Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Alba De Evan (Vigo, 1987). Estudou Historia na Universidade de Vigo e é profesora de ensino secundario. Xunto con Xabier Domínguez fundou en 2020 a Editorial Antela. Estreouse no mundo do conto infantil ilustrado co relato «A Superavoa de Antón». En Xerais é coautora, con Xabier Domínguez, das novelas infantís «Maxia de pedra» (2021) e «Segredos soterrados» (2023). En solitario asinou «Varetai». Protectora de espíritos (Xerais, 2024). Para o público xuvenil publicou «Dormen baixo terra» (2025) e «Queridas pantasmas» (Xerais, 2025).