A Terra atópase en fase terminal debido ao cambio climático e mergullada nunha crise enerxética sen precedentes. A súa última oportunidade é atopar un mineral, unha fonte de enerxía inesgotable lexendaria. Pero a súa localización é un misterio que fixo que os máis valentes navegantes do Ministerio
Alba de Evan Freijedo, nada en Vigo en 1987, é unha docente e escritora galega.
Estudou a Primaria na cidade onde naceu, mais a Secundaria fíxoa no IES Blanco Amor de Ourense, onde comezou a interesarse pola escrita, participando en varios certames literarios.
Realizou a licenciatura de Historia e o Mestrado de Profesorado en Ourense. Exerce a docencia desde que se gradou.
Estreouse na literatura infantil ilustrada co relato A Superavoa de Antón, escrito co seu compañeiro Xabier Domínguez Pérez, e editado tanto en galego coma en castelán pola organización Meu Rei.
Tamén creou con Xabier Domínguez a serie Naturizo con temática medioambiental, que transcorre na Serra de San Mamede, dos que hai, ata o de agora, nove títulos publicados.
No ano 2020 fundouse Antela Editorial, dedicada á literatura infantil e xuvenil, da que é cofundadora e onde tamén exerce o papel de editora.
e descubre todas as novidades do libro en galego