Logo do éxito de Un ano nos Ancares, Xurxo de Vivero retorna, con Un ano no Courel , a liña iniciada naquel libro: unha visión entre literaria, ecolóxica, científica, informativa e persoal da fermosa serra luguesa.Un ano completo de pacientes observacións, convivencia diaria e interminables pescudas
Xurxo de Vivero ou Jorge de Vivero, nado o 17 de xullo de 1949 na Coruña, é un escritor, xornalista, profesor, político e ecoloxista galego.
Licenciado pola Universidade de Santiago, foi profesor de ensino secundario, Lingua e Literatura Castelá, en Lugo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.
O seu pai foi socio fundador da Sociedade Española de Ornitoloxía e desde moi novo interesouse pola ecoloxía. Fundou o Colectivo Ecoloxista Radical e participou na fundación de CEDENAT (Colectivo Ecoloxista de Defensa da Natureza), da Asemblea de Grupos Ecoloxistas de Galicia e dos Verdes de Galicia. Participou en política desde 1987 ata 1999.
Colaborador da Revista de Obras Públicas, do semanal de El Progreso[6] desde 1989 e da Cadena Ser.
En 2014 reclamou a propiedade da Torre de Torés.
e descubre todas as novidades do libro en galego