Sarou afonda, cunha secuencia narrativa cronolóxica, que se desenvolve en a penas vintecatro horas, e un estilo descarnado, directo e sen concesións, na particular conta atrás de dous homes, Sito e Cardiño, e de dúas mulleres, Karina e Laura, lanzados nunha carreira sen retorno cara ós instantes
Ramón Caride Ogando, nado en San Cristovo de Cea en 1957, é un escritor galego.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor de ensino secundario até finais do 2017 no IES Ramón Cabanillas. Animador de múltiples actividades culturais, foi o primeiro presidente da Asociación cultural A Santa Compaña de Cambados, onde reside; e un dos promotores da revista homónima.
Foi columnista en xornais como El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego. Creou as series xornalísticas Blues da fronteira (La Voz de Galicia), O libro de area (Faro de Vigo), e colaborou en suplementos culturais (Galicia Literaria, Faro das Letras, La Ría del Ocio, Arousa-Un mar de cultura).
e descubre todas as novidades do libro en galego