1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CASA OU SOMBRA
CASA OU SOMBRA

CASA OU SOMBRA

Rafa Vilar
0.0 Sen valoracións
0 veces listado
Poesía de expresión esencial e contida, case minimalista, que amosa unha ollada existencial sobre o transcorrer do tempo, a perda do espacio propio e a soidade do individuo. A casa ou a sombra que nos ilIa, allea e individualiza.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4830-2198-9
EAN
9788483021989
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Rafa Vilar

Ver autor

Rafa Vilar González, nado en Cee o 2 de abril de 1968, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.

É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa no servizo de normalización lingüística da Confederación Intersindical Galega. Foi voceiro da xestora nacional da plataforma Nunca Máis e parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, foi tamén un dos fundadores e impulsores da editora Letras de Cal. É un dos membros destacados do Movemento Galego ao Socialismo.

Comeza a ser coñecido sobre o ano 1992, cando gaña con Liques da Memoria o premio de poesía Fermín Bouza Brey para autores novos. Interesado nos xeitos alternativos de edición, foi un dos primeiros autores galegos en facer edicións web da súas obras, así como de ter unha páxina persoal: Mares de Simbad onde ofrecía parte da súa obra poética xunto con artigos sobre a creación e edición literarias. Tamén participou na creación da editora dixital Retagarda Edicións, que ofrecía libros en formato de diskette.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de Rafa Vilar

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego