En voz baixa recolle a historia de Roberto Núñez Veiga, mozote de dezaseis anos que cursa segundo de BUP, que vive co seu pai, un xornalista que quere ser escritor. Roberto viu como se derrubaba definitivamente un castelo xa en ruínas dende había ben tempo: o matrimonio dos seus pais. Daquela os
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo o 13 de agosto de 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.
Exerceu como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas de xornais e revistas de Galicia, e en diversos proxectos literarios. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, impartiu cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, palestras. Como tradutor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario. Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.
Recibiu o Premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños.
Xogou ao balonmán na División de Honra co Academia Octavio.
e descubre todas as novidades do libro en galego