1. INICIO
  2. Libros
  3. TRÁILER
TRÁILER

TRÁILER

Fran Alonso
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Tráiler é unha obra plural, ateigada de puntos de vista e voces narradoras, cheas de tipos do asunto, tipos da estrada. (El Correo Gallego, Santiago). Tráiler mergúllanos no mundo actual sentimos as presas ilóxicas, a anguria e agresividade, a importante presencia das comunicacións. E ó carón

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4830-2250-4
EAN
9788483022504
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Fran Alonso

Ver autor

Francisco Alonso Villaverde, máis coñecido como Fran Alonso, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego, director de Edicións Xerais de Galicia.

Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publicou Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

Como poeta é autor dunha innovadora obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu poemario Balada solitaria é un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o seu período de vixencia. 

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Fran Alonso

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego