Xesús Rodríguez Jares, nado en Viana do Bolo en 1955 e finado en Vigo en 2008, foi un pedagogo, escritor e animador galego.
Estudou Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, na facultade de Filosofía e ciencias da Educación a partir do ano 1976, onde foi alumno entre outros do Profesor Herminio Barreiro e do Profesor Antón Costa. onde participou do movemento estudantil antifranquista. En 1980 doutorouse nesta Universidade coa tese "Educación para a paz: fundamentos e modelos de intervención".
Como mestre en diversas escolas galegas concretáronse varias iniciativas vinculadas coa innovación pedagóxica e a Educación para a Paz, movemento do cal se considera iniciador en Galicia. En 1983, no marco de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, foi un dos creadores da asociación Educadores pola Paz, e introduciu a conmemoración do Día escolar da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro). Divulgou as liñas pedagóxicas e socioculturais que promove dende Educadores pola Paz ao resto do Estado, a Portugal e América Latina.
Impulsou e coordinou proxectos interdisciplinares como a triloxía Educación e Paz I, II e III. Abarca asemade outros campos de traballo como a organización democrática dos centros escolares, os dereitos humanos e Cidadanía e Convivencia, implicando ás administracións locais, como foi o caso de Aprender a Convivir (Vigo) e Vivir Xuntos, Convivir (Lugo). Foi Catedrático de Didáctica e Organización escolar na Universidade da Coruña.
e descubre todas as novidades do libro en galego