Bailarina desenvolve a súa acción no século XXII, no Ano Terrestre 2120. Manuel Seixas crea un Universo de cores e emocións, ateigado de realidade virtual e submisión fronte ó establecido, no que, paradoxicamente aínda existen pequenas estrelas raras. Estrelas que brillan intensas nesta Bailarina,
Manuel García Seixas, coñecido como Manuel Seixas, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de xuño de 1961, é un profesor, escritor e músico galego.
Profesor de filosofía, psicoloxía e valores éticos no IES A Basella de Vilanova de Arousa ata o 2021. Como músico foi membro do grupo Korosi Dansas, posteriormente fundou o grupo Neuroband e ten editados varios proxectos en solitario. Como escritor editou varias novelas, poemarios, artigos... e colaborou en obras conxuntas.
e descubre todas as novidades do libro en galego