A cor do ceo (un libro e un CD audio) Braxe ofrece unha das creacións máis insólitas do panorama literario galego.Un libro de relatos, de aventuras cuspidas por unha melancolía activa e vitalista. Relatos que son unha travesía polas calores do Trópico, polo mar onde se encontran as almas, pola
Lino Braxe Mandiá, nado en Mugardos o 18 de xuño de 1962 e finado na Coruña o 25 de decembro de 2020, foi un actor, director de teatro e escritor galego.
Comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, Centro Dramático Galego, Malbarate e outras, tamén actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galiza. Dirixiu, ata o seu pasamento, o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Tamén foi locutor de Radio Nacional de España durante dez anos. Nese período de tempo adaptou para a radio a obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor.
e descubre todas as novidades do libro en galego