A campá da lúa de Helena Villar Janeiro é un poemario para nenos e nenas de sete anos en diante, nun libro delicadamente ilustrado por Anxeles Ferrer. Helena Villar Janeiro, autora dunha extensa obra para os lectores máis novos, xoga neste libro con elementos senlleiros do mundo infantil: a lúa,
Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.
Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid, exercendo como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
Casada co escritor Xesús Rábade, é a nai da poeta María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade. Traballou en fotografía, tendo participado en varias exposicións.
e descubre todas as novidades do libro en galego