Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
A obra de Tununa Mercado ofrece unha escritura feminina e singular. Os seus textos caracterízanse pola levidade dun certo erotismo, e "navegan con suavidade entre o conto, o relato, o ensaio e a prosa, moi refinada e poética", como diría Erna Pfeifer. Canon de alcoba parécenos un conxunto de
A obra de Tununa Mercado ofrece unha escritura feminina e singular. Os seus textos caracterízanse pola levidade dun certo erotismo, e "navegan con suavidade entre o conto, o relato, o ensaio e a prosa, moi refinada e poética", como diría Erna Pfeifer. Canon de alcoba parécenos un conxunto de prácticas que desarticulan o xénero ao que naturalmente pertence e, por outra parte, amósanos, pon en evidencia o exercicio dun bordado no que a escritura erótica se exhibe e fascina, desde a súa mesma trama. Canon de alcoba confirma desde o seu propio facer como o suxeito feminino se apropia, a través da escrita dun territorio alleo e, ao facelo, expande e territorializa espacios prohibidos á subxectividade, permitíndonos responder a algúns dos interrogantes que se formulan cando se trata de escribir desde/de un corpo e, aínda máis, se este corpo desexante -o da escritura tamén- é un corpo feminino.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro