Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da tradición oral de Galicia. Douscentos noventos contos, a maioría deles moi breves, dos considerados popularmente como de amores, rubios, pilleirentos, pícaros, pillabáns, eróticos ou
Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da tradición oral de Galicia. Douscentos noventos contos, a maioría deles moi breves, dos considerados popularmente como de amores, rubios, pilleirentos, pícaros, pillabáns, eróticos ou porno-inxenuos, xa que todos eles falan, insinúan ou inciden en materia sexual.Reelaboradas e coidadosamente anotadas, as narracións que aquí se presentan constitúen a variante total dos contos eróticos galegos que se foron aprendendo de boca a orella, de xeración en xeración, na longa viaxe dos séculos.Quen lea este volume verá desfilar páxina a páxina unha impresionante galería de maridos cornudos, curas putañeiros, acólitos e sancristáns luxoriosos, esposos cansos e pouco espilidos, casadas infieis, monxas lascivas, episodios de zoofilia, artes e enganos de amantes e queridos, descarnadas burlas de todo tipo de comportamentos sexuais, especialmente os dos cregos hipócritas que fan todo o contrario do que predican, pecados de luxuria de solteiros, casados e relixiosos con profesión de castidade, inocentes burlados, falsas virxes, fillas que burlan a severa vixilancia dos seus pais, contraseñas que abren portas e propician encontros secretos de amantes adúlteros e toda clase de trasegos eróticos; con distintas doses de atrevemento e ousadía pero case sempre nun ton de humor despreocupado e burlesco.Os ollos de hoxe, unha alta porcentaxe destas narracións son machistas e en moitos casos re-trógadas nas valoracións morais que transmiten; anque noutros casos poidan ser certeiramente críticas e cuestionen de arriba a abaixo os poderosos alicerces do estamento clerical; pero en definitiva veñen sendo a plasmación de cómo asume ou entende unha sociedade tradicional, hoxe en quebra, determinados valores.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1958, é un escritor galego.
Traballa no Museo Provincial de Lugo como responsable de publicacións. En 1992 creou con Ofelia Carnero Vázquez, Mercedes Salvador Castañer e Antonio Reigosa o Grupo de Investigación Etnográfica Chaira, realizando diversos proxectos, traballos de campo, arquivo e publicación levados adiante en distintas comarcas lucenses, fundamentalmente na Terra Chá e no concello da Pontenova.