O sexo, a dúbida, o noxo, morte... son algúns dos eixos que centran este conxunto de relatos breves de Medos Romero, que se estrea no campo da narrativa cun libro descarnado e rotundo. Dubido se matei a Lena revélanos con nudez e grande intensidade, vivencias duras escritas desde a verdade, dende a
Remedios Fernández Romero, coñecida literariamente como Medos Romero, nada en Somede (As Pontes de García Rodríguez) o 21 de outubro de 1959, é unha escritora galega.
Diplomada en Enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como enfermeira nas Pontes de García Rodríguez e na Residencia “Arquitecto Marcide” de Ferrol. Reside en Lourido (Valdoviño). Ten colaborado en diversas revistas, como A Xanela e Festa da Palabra Silenciada.
Comezou a escribir tardiamente, con 37 anos cumpridos, despois de experiencias moi gozosas no mundo da aldea. Foi unha das poetas que se circunscribiu á chamada Xeración dos 90 aínda que o fixo por data de produción, xa que a súa obra comezou a publicarse nos anos clave do boom da poesía escrita por mulleres.
e descubre todas as novidades do libro en galego