Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Susie, unha rapaza de 16 anos, escribe o seu diario íntimo, seguindo ó seu irmán Peter Payne, autor do Novo diario dun xove maniático. Desde o seu punto de vista feminino, Susie escribe sobre o sexo, o amor, anorexia, febres glandulares, depresión, morte, SIDA, dietas, exames, anticoncepción,
Susie, unha rapaza de 16 anos, escribe o seu diario íntimo, seguindo ó seu irmán Peter Payne, autor do Novo diario dun xove maniático. Desde o seu punto de vista feminino, Susie escribe sobre o sexo, o amor, anorexia, febres glandulares, depresión, morte, SIDA, dietas, exames, anticoncepción, divorcio, vermes, estrés, piollos e moitas cousas máis. No diario inclúe recortes, folletos, cartas e fragmentos de xornais e revistas sobre problemas que lle preocupan, anotacións das aventuras de Pete e doutros acontecementos, bos e malos, da súa vida familiar."Saber o que pensa unha rapaza de dezaseis anos sobre as cousas máis normais da vida, saber que opina dos detalles que pasan desapercibidos para case tódolos maiores é o tema central deste interesante libro no que os feitos están narrados dende un punto de vista natural, sinxelo, sen erros de interpretación. Os autores, dous médicos, móstrannos as preocupacións dunha adolescente en temas como o sexo, a SIDA, o aborto, sempre dun xeito ameno, claro e sobre todo formativo e actualizado, sen tabús de ningún tipo" (C. González, Papeles de literatura infantil).
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro