A memoria de Ferrol recolle máis de douscentas tarxetas postais circuladas que recuperan a memoria da cidade ferrolá nas dúas primeiras décadas do século XX. Unha espléndida colección de postais, preparada e catalogada por Carlos Díaz Martínez, na que se intercalan tres evocadores textos literarios
Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición...
Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego.
e descubre todas as novidades do libro en galego