Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume que recolle as series de
O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet, Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral. A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Alvarez Limeses, extraído da "Geografía General del reino de Galicia", editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición...
Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego.