Nunha aldea próxima a Marineda, a Erbeda, aparece asasinado un carreteiro e culpan do crime á súa muller e a un cómplice, suposto amante e cuñado dela. Tras pasar todos os trámites burocráticos os reos son condenados a morrer no garrote. Partindo do caso particular, a trama abrangue aspectos de…
Emilia Pardo Bazán y de la Rúa-Figueroa (A Coruña , 16 de setembro de 1851 – Madrid , 12 de maio de 1921), condesa de Pardo Bazán, foi unha novelista, xornalista, ensaísta, crítica literaria, poeta, dramaturga, tradutora, editora, profesora e conferenciante española que introduciu o naturalismo en España. Foi pioneira nas súas ideas sobre os dereitos das mulleres e o feminismo.
Defendeu a educación das mulleres como fundamental e dedicou unha parte importante da súa vida pública a defendela. Entre as súas obras literarias, unha das máis coñecidas é a novela Os pazos de Ulloa (1886).
e descubre todas as novidades do libro en galego