1. INICIO
  2. Libros
  3. O CUARTO IMPOSIBLE
O CUARTO IMPOSIBLE

O CUARTO IMPOSIBLE

Carlos Vila Sexto
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Miguel meteuse en problemas. Outra vez. Estafou a xente equivocada e agora non lle queda máis remedio que facer o que sempre fai cando se ve atrapado: fuxir. Con falta de cartos e dun sitio onde agocharse, acepta a proposta dun misterioso individuo para formar parte dunha expedición dedicada a taxar

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
RODEIRA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4834-9559-9
EAN
9788483495599
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Carlos Vila Sexto

Ver autor

Carlos Vila Sexto, nado na Coruña o 13 de setembro de 1977, é un escritor e guionista galego.

Comezou a escribir de rapaz, con catorce anos gañou o V Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís co relato de aventuras "Alén da aventura" (1992), con ilustracións orixinais de seu pai, o pintor e médico Roberto Vila Rodríguez. Repetiu premio ó ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). Dous anos máis tarde apareceu Cara á fin da luz (1995), unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, "O baúl", foi incluído na Antoloxía do conto de medo galego, unha selección de relatos de terror recompilados por Silvia Gaspar para a Editorial Galaxia.

Carlos Vila tamén foi creador e guionista das series de televisión Un lugar en el mundo, Motivos personales, Círculo Rojo e Los misterios de Laura, posteriormente adaptada nos Estados Unidos como The Mysteries of Laura, protagonizada por Debra Messing.

En marzo de 2009 publicou, dentro da colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, o seu cuarto libro, As Sete Mortes, unha aventura con tinturas de misterio ambientada en Galicia. Esta obra recibiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2011, na categoría de 3º e 4º da ESO, como mellor libro do ano para os escolares galegos. En setembro de 2014 foi traducida ao catalán e publicada por Fanbooks.

Foi profesor no Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Carlos Vila Sexto

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego