1. INICIO
  2. Libros
  3. O ENIGMA DE CARONTE
O ENIGMA DE CARONTE

O ENIGMA DE CARONTE

Carlos Vila Sexto
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O último verán que Dani e os seus amigos van pasar xuntos en Cabo Lázaro vén marcado pola morte accidental de Marcos, un compañeiro de clase. Pero as sospeitas iniciais de Dani de que talvez se atopen fronte a un asasinato vénse reforzadas cando este descobre unha misteriosa mensaxe que o seu amigo

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2016-02-22
Páxinas
356
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5674-9
EAN
9788498656749
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Carlos Vila Sexto

Ver autor

Carlos Vila Sexto, nado na Coruña o 13 de setembro de 1977, é un escritor e guionista galego.

Comezou a escribir de rapaz, con catorce anos gañou o V Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís co relato de aventuras "Alén da aventura" (1992), con ilustracións orixinais de seu pai, o pintor e médico Roberto Vila Rodríguez. Repetiu premio ó ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). Dous anos máis tarde apareceu Cara á fin da luz (1995), unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, "O baúl", foi incluído na Antoloxía do conto de medo galego, unha selección de relatos de terror recompilados por Silvia Gaspar para a Editorial Galaxia.

Carlos Vila tamén foi creador e guionista das series de televisión Un lugar en el mundo, Motivos personales, Círculo Rojo e Los misterios de Laura, posteriormente adaptada nos Estados Unidos como The Mysteries of Laura, protagonizada por Debra Messing.

En marzo de 2009 publicou, dentro da colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, o seu cuarto libro, As Sete Mortes, unha aventura con tinturas de misterio ambientada en Galicia. Esta obra recibiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2011, na categoría de 3º e 4º da ESO, como mellor libro do ano para os escolares galegos. En setembro de 2014 foi traducida ao catalán e publicada por Fanbooks.

Foi profesor no Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Carlos Vila Sexto

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego