1. INICIO
  2. > Libros
  3. > HISTORIAS DO EMPARDECER
HISTORIAS DO EMPARDECER

HISTORIAS DO EMPARDECER

Manuel María
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Manuel María, escritor que cultivou –e cultiva– todos os xéneros literarios, nesta súa nova entrega, de título ben significativo, tal vez intencionado e alusivo de Historias do empardecer, recolle unha serie de narracións sinxelas e directas, escritas en diversas épocas, fondamente enraizadas no…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Laiovento, S.L.
Data publicación
2003-11-01
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4848-7041-8
EAN
9788484870418
Avatar

Manuel María

Ver autor

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe.

Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Apelaba ao regato do Cepelo como outros autores apelaban ao Miño. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de Manuel María

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego