1. INICIO
  2. Libros
  3. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Este libro titulado Manuel María. Día das Letras Galegas 2016, como corresponde á marca da colección que a Universidade de Santiago de Compostela dedica cada ano á figura designada pola Real Academia Galega para a celebración das Letras Galegas, quere dar profundidade e a maior difusión á obra

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4165-3362-6
EAN
9788416533626
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Manuel María

Ver autor

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe.

Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Apelaba ao regato do Cepelo como outros autores apelaban ao Miño. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Manuel María

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego