Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidida dende un comezo. Unha escritura poética que, coma os latexos da vida, se foi construíndo devagar mais de forma incesante. De xeito que cada poema
Xoán Carlos Domínguez Alberte, nado en Escudeiros (Ramirás) o 24 de xullo de 1966, é un escritor galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica (1985-1990) e en Filoloxía Galega (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1994-1998), traballador do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (1998-1999), responsable do Programa de Dinamización Sociolingüística das Comarcas de Galicia, da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1999-2004) e, dende 2004 profesor de Lingua galega e Literatura no ensino público. Entre 2007 e 2009 traballou como asesor da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Dende 2019 forma parte da vogalía por Ourense do consello directivo da AELG. Dende 2012 é colaborador nas cabeceiras de Sermos Galiza e Nós Diario.
e descubre todas as novidades do libro en galego