1. INICIO
  2. Autores
  3. MERCEDES QUEIXAS ZAS
Avatar de MERCEDES QUEIXAS ZAS

MERCEDES QUEIXAS ZAS

A Coruña , 1968
6 títulos
0 seguidores

Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora, escritora e política galega, deputada no Parlamento de Galicia.

Estudou no IES de Monelos e licenciouse en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. En 1996 aprobou as oposicións de secundaria na especialidade de Lingua Galega e Literatura. Exerceu o primeiro ano no IES Monelos e logo no CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, labor que compaxinou desde 2005 coas funcións de secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. 

Entre 2007 e 2010 foi coordinadora territorial de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Entre 1995 e 2000 foi coordinadora da editorial Laiovento. Formou parte da cerna de ProLingua, e é membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega. Dende decembro de 2018 é membro correspondente da Real Academia Galega.

Publicou colaboracións en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Sermos Galiza e Nós Diario.

Libros de MERCEDES QUEIXAS ZAS

Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María
Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María
Vivir, unha aventura irrepetibel.biografia m? c.kruckenberg
Vivir, unha aventura irrepetibel.biografia m? c.kruckenberg
DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO
DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO
Frei Martín Sarmiento
Frei Martín Sarmiento
Un ruído procado(r). Voces arredor de Luísa Villalta
Un ruído procado(r). Voces arredor de Luísa Villalta
Partituras
Partituras

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego