┴ vista da leitura dos ensaios sarmentianos, en que o autor amosa unha fonda sinceridade e implicación da súa persoa en todo o que argumenta, entendemos que estamos perante un lúcido representante da Ilustración, rigoroso e valente á hora de desenvolver por escrito ad futurum o que a propia
Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora, escritora e política galega, deputada no Parlamento de Galicia.
Estudou no IES de Monelos e licenciouse en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. En 1996 aprobou as oposicións de secundaria na especialidade de Lingua Galega e Literatura. Exerceu o primeiro ano no IES Monelos e logo no CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, labor que compaxinou desde 2005 coas funcións de secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Entre 2007 e 2010 foi coordinadora territorial de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Entre 1995 e 2000 foi coordinadora da editorial Laiovento. Formou parte da cerna de ProLingua, e é membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega. Dende decembro de 2018 é membro correspondente da Real Academia Galega.
Publicou colaboracións en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Sermos Galiza e Nós Diario.
e descubre todas as novidades do libro en galego