Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención. Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden. Antes de iniciar unha nova vida a carón dun
Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención. Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden. Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d’ Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, “a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmosferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situacións e á axilidade dos diálogos”. En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin á súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo. “Unha corrente salvaxe atrapa ao lector desde o inicio…, nunha dinámica que o vai ir sorprendendo a medida que avanza, e ao que non lle queda marxe para sequera tentar adiviñar o desenlace, habituado a que a páxina seguinte reconfigure a historia novamente” (X. M. Eyré). “Unha corrente salvaxe ten recendos da mellor traxedia clásica… Unha auténtica bomba de reloxería… Todo un pracer lector do que non convén privarse” (Armando Requeixo).
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro