1. INICIO
  2. Libros
  3. NACHTMAHR
NACHTMAHR

NACHTMAHR

Raúl Dans
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Un novelista en plena crise creativa e a viaxe delirante que emprende a través do seu subconsciente, na procura da súa obra definitiva.O sexo, a morte, as fontes da creación. Monten con Alicia e Peer Gynt no salvaxe cabalo de Mefistófeles e galopen a metraxe de After Hours de Scorsese e os lenzos

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4978-2891-8
EAN
9788497828918
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Raúl Dans

Ver autor

Raúl Dans Mayor, nado na Coruña o 30 de maio de 1964, é un dramaturgo, guionista e actor de dobraxe galego.

Iniciou a súa andaina como escritor nas emisoras de RNE e RCE, das que foi creador, guionista e locutor de programas de diferente formato: Sin título (humor), Ráfagas (dramático), Imos gratis ao teatro (reportaxe).

É actor de dobraxe desde 1985, e púxolles voz a Jerry Lewis (tamén en castelán), Eddie Murphy, Bradley Cooper, Tom Cruise, Rowan Atkinson, Ben Stiller e ao androide C3PO de A guerra das galaxias, entre outros.

En 1986 integrouse na Compañía Luís Seoane, na que actuou en Forzas Eléctricas e Aquela historia de Bly, montaxes escritas e dirixidas por Manuel Lourenzo.

Protagonizou en 1988 O mozo que chegou de lonxe (CDG), dirixida por Mario Gas. Desde entón continuou como dramaturgo e guionista.

É un dos autores teatrais máis destacados da chamada Xeración dos 90. As súas obras acadaron os máis destacados premios que se convocan na Galiza -o Álvaro Cunqueiro e o Rafael Dieste-, así como, no ámbito da dramaturxia española, o Premi Born coa súa obra Derrota. A súa obra non deixou de editarse desde que irrompeu no panorama literario, e Lugar, a súa peza máis sobranceira, foi publicada na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia e representada polo Centro Dramático Galego.

Como guionista formou parte dos equipos de creación e escritura da meirande parte das series de ficción da TVG dos últimos tempos: Pratos combinados, A vida por diante, A miña sogra e mais eu, Terra de Miranda, As leis de Celavella etc. Traballa tamén como actor de dobraxe.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Raúl Dans

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego