Desde as mámoas e os petróglifos até as tendencias estéticas das últimas décadas, o obxecto deste libro é realizar un achegamento á imaxe artística galega, un anaco da tradición cultural europea producida nun país que posúe unha singularidade histórica marcada. Na arte galega foron proxectándose ao
Xosé Carlos López Bernárdez, nado en Vigo en 1958, é un ensaísta literario galego.
Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, é profesor de Lingua e Literatura Galegas. Ademais de estudar Cabanillas, ten no seu haber outros traballos sobre autores como Dieste, Blanco Amor, Manuel Antonio ou Xosé María Álvarez Blázquez. É, ademais, un especialista na arte de autoras e autores como Maruxa Mallo, Colmeiro ou Seoane.
É colaborador de Nós Diario cunha sección de arte no semanario Sermos Galiza. Tamén desenvolveu a crítica de arte no suplemento Faro da cultura do xornal Faro de Vigo.
En 2025 foi elixido académico numerario da sección de expertos nas artes da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA).
e descubre todas as novidades do libro en galego