O presente volume, dirixido aos escolares do segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, presenta unha breve biografía sobre a figura de Lorenzo Varela e unha antoloxía representativa da súa poesía galega, preparada polo profesor Carlos L. Bernárdez. A relevancia do apartado fotográfico, así
Xosé Carlos López Bernárdez, nado en Vigo en 1958, é un ensaísta literario galego.
Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, é profesor de Lingua e Literatura Galegas. Ademais de estudar Cabanillas, ten no seu haber outros traballos sobre autores como Dieste, Blanco Amor, Manuel Antonio ou Xosé María Álvarez Blázquez. É, ademais, un especialista na arte de autoras e autores como Maruxa Mallo, Colmeiro ou Seoane.
É colaborador de Nós Diario cunha sección de arte no semanario Sermos Galiza. Tamén desenvolveu a crítica de arte no suplemento Faro da cultura do xornal Faro de Vigo.
En 2025 foi elixido académico numerario da sección de expertos nas artes da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA).
e descubre todas as novidades do libro en galego