Carlos Taibo Arias, nado en Madrid o 12 de maio de 1956, é un politicólogo galego.
Era profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É firme partidario do movemento antiglobalización, do decrecemento, da democracia directa e do anarquismo. Afirma que «a globalización avanza cara a un caos que escapa a todo control».
É membro do consello editorial de Sin Permiso desde a súa fundación en 2006 e ten publicado artigos en varios medios, como Público.
É autor de máis de trinta libros en castelán e galego, moitos deles relativos ás transicións na Europa central e oriental e temas xeopolíticos de interese xeral. Os seus libros sobre o decrecemento contan con varias reedicións.
En relación ao galego, é defensor da unidade lingüística galego-portuguesa e do reintegracionismo lingüístico.
e descubre todas as novidades do libro en galego