Ao heroe desta historia dicíanlle o tolo, tiña esquecido o seu nome e non sabía a súa idade. Non tiña un can nin nada que tal valese. O tolo viviu nesta punta de rochas que se mete no mar, neste lado da ría, ne sta terra tan verde, chuviñenta e, por días, tan melancólica, tan para loucuras mansas.
Juan Farias Díaz-Noriega nado en Serantes o 31 de marzo de 1935 e finado en Villaviciosa de Odón o 10 de xuño de 2011, foi un escritor galego en lingua castelá cuxa obra pode dividirse en dúas grandes etapas, segundo sexan o seu destinatario principal os lectores adultos (1959-1975) ou os nenos e novos (1977 en diante). Neste segundo xénero é onde obtivo un maior recoñecemento.
e descubre todas as novidades do libro en galego