Eduardo Pondal (1835-1917) é, xunto con Rosalía e Curros Enríquez, unha das figuras senlleiras do noso Rexurdimento. Liberal e progresista, o pontecesán eríxese no noso bardo —o poeta portador do ideal que lle amosa ao pobo o camiño, animándoo a recuperar a liberdade e a espertar do seu sono
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega.
Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
e descubre todas as novidades do libro en galego