1. INICIO
  2. Libros
  3. POEMAR O MAR
POEMAR O MAR

POEMAR O MAR

Antonio García Teijeiro
0 veces listado

"Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1018-4
EAN
9788491210184
Formato
RUSTICA
Avatar

Antonio García Teijeiro

Ver autor

Antonio García Teijeiro, nado en Vigo o 13 de agosto de 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.

Exerceu como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas de xornais e revistas de Galicia, e en diversos proxectos literarios. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, impartiu cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, palestras. Como tradutor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario. Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.

Recibiu o Premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.

Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños.

Xogou ao balonmán na División de Honra co Academia Octavio.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Antonio García Teijeiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego