O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da relevancia das contradicións, o seu significado, aprender a desobedecer. O neno nacera, de feito, no lugar en que abrolla a propia execución da cerimonia que cantaba a praxe dunha supervivencia que despois o obrigou a desfacerse de todo
Isaac Fernández Fernández, coñecido como Isaac Xubín, nado na Coruña o 9 de xullo de 1978, é un escritor galego.
Viviu durante a súa infancia e mocidade en Espinosa de los Monteros, Astorga, Xixón, A Coruña e Pontevedra. Toma o seu nome literario da aldea de Xubín (Oleiros), a casa de súa nai.
Estudou nos Salesianos da Coruña e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Tras licenciarse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, viviu en Bilbao e Gasteiz para aprender éuscaro. Realizou diversas traducións do éuscaro e publicou un dicionario bilingüe galego-éuscaro.
e descubre todas as novidades do libro en galego