1. INICIO
  2. Libros
  3. O NENO MARIÑEIRO
O NENO MARIÑEIRO

O NENO MARIÑEIRO

Bernardino Graña
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1256-0
EAN
9788491212560
Formato
RUSTICA
Avatar

Bernardino Graña

Ver autor

Bernardino Graña Villar, nado en Cangas o 27 de setembro de 1932 e finado en Nigrán o 18 de xaneiro de 2025, foi un escritor galego. Fillo de Bernardino Graña Refojos. Pasou a súa infancia en Cangas e Ribadavia, onde o seu pai dirixía unha academia na que coñeceu a Xesús Alonso Montero.

Aos 17 anos, Bernardino Graña quixo marchar de Galicia como polisón nun barco a Venezuela e meteuse nun bote salvavidas, pero pillárono: «Non sei por que o barco estaba vixiado pola policía, e non me deron permiso. Eu deixara aviso a un amigo para que lle dixese á miña familia que non estaba desaparecido».

Estudou Filoloxía Románica nas universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Madrid, doutorouse cunha tese sobre Miguel Torga.

Foi catedrático de lingua e literatura na educación secundaria en diversos destinos, entre eles Onda, Reus, Guadix, Zaragoza, Padrón, Sarria e Cangas, até a súa xubilación en 1991. Desde moi mozo formou parte do consello de redacción da revista poética Alba.

En Salamanca nos anos 1950, co poeta e profesor Rafael Laínez Alcalá, participou nas revistas poéticas e no faladoiro Marabunta, que organizaba recitais na Universidade salmantina na aula de Salinas e outros foros.[6] Participou tamén como articulista en La Noche e Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta noutras publicacións, como Vieiros, Grial, Ágora, Boletín Galego de Literatura, Dorna: expresión poética galega, Grial: revista galega de cultura, Ínsula: revista de letras y ciencias humanas.

Foi parte da xinea das Festas Minervais (gañador do certame nos anos 1954, 1955, 1959 e 1969) e como tal, en 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid. Tamén foi impulsor e o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), entidade da cal foi nomeado socio de honra no 1996 e Presidente de Honra en 2021. Cofundador do grupo Acia (Associaçao cultural das illhas Atlánticas; fundada en Madeira, Portugal). A finais dos 70, xuntamente con Antón Santamarina, Méndez Ferrín e outros, deu os primeiros pasos para a creación dun Pen Club galego.

É coautor do Apéndice Lexicográfico do Diccionario de D. Eladio Rodríguez González (1961). Finou na Residencia Stella Maris de Nigrán o 18 de xaneiro de 2025.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Bernardino Graña

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego