Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza. Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí
No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza. Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí viana e pedíanlle para casar con ela. O Can, o Burro, o Grilo e o Gato foran facéndolle a petición. A Rata acepta casar con Don Gato, pero este o único que quere é recuperar a moeda. Rata Linda consegue desfacerse de Don Gato, facendo que caia a un pozo e afogue nel. E, despois disto, atopouse con que o Rato volvera da súa viaxe e tamén lle pedía para casar. Rata Linda acepta, e os dous marchan xuntos "a Santiago de Compostela, por mirar a Catedral " . Rata linda de Compostela, conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura até a súa xubilación. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que é socio de honra dende 1986. Membro da Real Academia Galega, publicou unha extensa obra no ámbito da poesía, do teatro, da narrativa e da literatura infantil. Como poeta publicou: "Poema do home que quixo vivir" (1958); "Profecía do mar" (1966, Xerais 1995); "Non vexo Vigo nin Cangas" (1975); "Se o noso amor e os peixes" (Xerais 1980), Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela; "Sima-Cima do voar tolo" (1984); "Himno verde" (1992); "Ardentía. Obra poética completa" (1995); "As Cantigas de Santa María" (Xerais 1996); "Luz de novembro" (1997); "Acendede as almenaras" (Xerais 2008) e "Ser auga, darse en auga" (2011). No ámbito do teatro: "Vinte mil pesos crime" (1962, Xerais 2005), "Sinfarín contra don Perfeuto" (1975) e "Os burros que comen ouro nunca cabalos serán" (1992), Premio Abrente de Ribadavia (1979). Como narrador publicou o libro de relatos "Fins do mundo" (1974, Xerais 1989) e as novelas "Protoevanxeo do neto de Herodes" (Xerais 2006), II Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa, "Carmela e os ladróns" (2010), "¡Medre o mar!" (2013), "A fuga a Exipto" (2016) e "O neno mariñeiro" (Xerais 2017). Publicou en Xerais as seguintes obras de literatura infantil: "O león e o paxaro rebelde" (1969), "Xan Guindán, capitán" (1991), "Oso mimoso" (1992), "O gaiteiro e o Rato Pérez" (1994), Premio Merlín 1993, "Cristo e San Pedro, peregrinos" (1994), "Rata linda de Compostela" (1994, 2009) e "O Quirico lambón" (1997). En 2005 Xerais publicouse, na colección Crónica "Conversas con Bernardino Graña", de Rafael Fernández e Héitor Mera.