Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras. Matís, o pintor de flores, mentres pintaba unha
Anxo Xabier Fariña Temprano, nado en Vigo en 1977, é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego.
Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e director de Arte. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia».
Destaca a súa utilización da cor, e un estilo de debuxo áxil e sinxelo. Nas súas historias mestúrase o humor coa aventura, sen descoidar a incidencia en temas sociais. En 2011 obtivo o Premio Merlín polo libro A chave da Atlántida.
e descubre todas as novidades do libro en galego