Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos. Aos milleiros de caricaturas que ten publicado en xornais e revistas cómpre engadir o seu labor teórico sobre a caricatura en estudos monográficos como
Siro López Lorenzo, máis coñecido como Siro, nado en Ferrol o 19 de xaneiro de 1943, é un recoñecido humorista gráfico, caricaturista e ensaísta galego.
Profesionalmente, comezou como delineante na empresa metalúrxica Bazán, e publicou os seus primeiros debuxos en 1970, na revista Chan (dirixida por Raimundo García Domínguez Borobó). Axiña se especializou na caricatura e o humor e colaborou asiduamente en diferentes xornais galegos, como Ferrol Diario (en 1971), El Ideal Gallego (1972), La Región (1973), El Norte de Galicia (1980) e, especialmente, La Voz de Galicia, xornal co que traballou desde 1985 ata 2006 como caricaturista político, fundamentalmente. Desde o 2000 coordinou o suplemento de humor de La Voz titulado Xatentendo.com.
e descubre todas as novidades do libro en galego