" Maternidade fóra de catálogo " é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal. Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada
Marga Tojo González, nada en Santiago de Compostela, é unha xornalista e escritora galega.
Tojo é colaboradora dos medios dixitais Praza Pública, Eldiario ou o diario Público e Nós Diario, así como da Revista Luzes, da Revista do Audiovisual Galego ou da canle televisiva Galizaanocero.
É membro do Consello Editorial de Altermundo.org, foi confundadora e presidenta do xornal Dioivo e traballou durante anos no diario Galicia Hoxe, onde coordinaba a sección de políticas sociais e mais o suplemento de cultura.
Así mesmo, participou no equipo do festival Cineuropa da capital galega.
Manifestou publicamente o seu activismo por causas como a normalización da lingua galega, o dereito ao aborto ou a promoción de modelos alternativos de maternidade e coidado da infancia dende unha óptica feminista e de progreso.
e descubre todas as novidades do libro en galego