1. INICIO
  2. Libros
  3. BESTA DO SEU SANGUE
BESTA DO SEU SANGUE

BESTA DO SEU SANGUE

EMMA PEDREIRA
0 veces listado

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalide, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1448-9
EAN
9788491214489
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

EMMA PEDREIRA

Ver autor

Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90. 

Como poeta publicou "Diario bautismal dunha anarquista morta" (1999, Premio Johán Carballeira), "Grimorio" (2000, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), "Corpo" (2001, Premio Faustino Rey Romero), "As posturas do día" (2001), "Velenarias" (2001, Premio Johán Carballeira), "Os cadernos d'amor e os velenos" (2002, Premio Johán Carballeira), "Casa de orfas" (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño), "Xoguetes póstumos" (2010), "Antítese da ruína" (2011, IX Premio de poesía Novacaixagalicia), "Libro das mentiras" (2012, Certame de poesía Concello de Carral) e "s/t" (Xerais, 2015, Premio Gonzalo López Abente). 

Como narradora publicou "Bestiario de silencios" (2001), "As cinzas adentras" (2004), "Corazón e demais tripas" (2016, Premio Narrativas Quentes), "Bibliópatas e fobólogos" (2017, Premio da Crítica de narrativa galega 2018), "Besta do seu sangue" (2018, Premio Xerais de Novela) e "As fauces feroces" (2019). "Os corpos invisibles" gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2019.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Leo No
5

Unha pequena xoia. Breve e espeso. Creo que Emma Pedreira é o mellor escritor (unha 4X4) que temos hoxe en día na literatura galega, e este un dos mellores publicados nos últimos 25 anos. En tan poucas páxinas hai tal concentración de ideas e imaxes (masa narrativa) que xera un campo gravitatorio do que é imposible fuxir.

Outros libros de EMMA PEDREIRA

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego