Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur». Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
e descubre todas as novidades do libro en galego