A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de…
Xosé Luís Vázquez Somoza, nado en Zolle (Guntín) o 19 de febreiro de 1961, é escritor galego en lingua galega.
Licenciado en Filoloxía, a súa tese de Licenciatura (inédita) foi O galego en Zolle (Guntín). En 2009 gañou o premio de investigación Condado de Pallares por O galego en Zolle (Guntín).[1] Foi catedrático de Lingua e Literatura galega no IES Lucus Augusti de Lugo.
Esta novela, O conserxe de Xosé Luís Vázquez Somoza, saída hai varios anos foi un éxito no noso club de lectura xuvenil pola súa temática ambientada nun IES imaxinario da cidade de Lugo. Oín que vén de sacar a súa quinta edición, algo que vén a confirmar que hai máis lectores aos que lles encheu tamén o ollo. Tras aparecer morta unha alumna de bacharelato, e ante as inconcluíntes investigacións policiais, Eliseo, o conserxe do instituto, decide comezar pola súa conta unhas indagacións que resolvan o misterio. A figura dun conserxe está ben elixida pois é desas figuras que nos centros educativos recibe confidencias tanto de alumnado coma de profesorado e ten acceso en moitos casos a información relativamente sensible. E así, aproveitando este feito, Eliseo bótase a xuntar datos de aquí e de acolá ata que consegue encaixar as diferentes pezas do crebacabezas. Ao longo da lectura, vemos a vida do centro escolar, as relacións entre o profesorado, profesorado-alumnado, e as variadas relacións que se establecen entre o alumnado: acoso, malas influencias, repercusión da problemática familiar no rendemento escolar... Finalmente, anque o lector nunca dubida das habilidades do conserxe, chegamos á resolución, que a min polo menos logrou sorprenderme bastante. Unha lectura moi entretida que consegue que se enganche o lector e dá moito que falar despois.
e descubre todas as novidades do libro en galego