1. INICIO
  2. Libros
  3. DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE
DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE

DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE

Xavier Seoane
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Este Dicionario irreal para un país imposible, do escritor e profesor humanista Xavier Seoane, é un libro singular, fermoso, entregado, distinto e atrevido sobre este vello e milenario país que é Galicia. Concibido con moita orixinalidade, editado con sumo coidado e fermosamente ilustrado por Ramón

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1760-2
EAN
9788491217602
Formato
RUSTICA
Avatar

Xavier Seoane

Ver autor

Xavier Seoane Rivas, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1954, é un profesor e escritor galego.

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura na Coruña no IES Monelos. Desde 1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos "A Carón" e "Galga". Ten colaborado, entre outras, en publicacións como Teima, Man Común, Grial, Nordés, Agalia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Luzes de Galiza, Gran Enciclopedia Gallega, El Correo Gallego, Microfisuras...

É un dos fundadores e animadores da revista Luzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo: O pintor Luis Seoane, Luis Seoane, escritor e Arquitectura galega actual. Participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes (Leopoldo Nóvoa, Mundos, Figuraciós, Isaac Díaz Pardo, O cómic galego, Luís Seoane e o libro galego na Arxentina, Urbe, Natura, Cosmos) e colaborou con textos sobre arte en catálogos de exposicións e libros colectivos.

Ten realizado exposicións de poesía visual e experimental na Coruña, Compostela e no Estado Español, e participado en mostras de mail art.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xavier Seoane

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego