1. INICIO
  2. > Libros
  3. > ZONA A DEFENDER
ZONA A DEFENDER

ZONA A DEFENDER

Manuel Rivas
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

«Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento crítico e un humor desacougado, esa chamada de alerta percorre todo este libro. En «Zona a…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2020-11-05
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1795-4
EAN
9788491217954
Avatar

Manuel Rivas

Ver autor
Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo.
Como narrador ten publicados os seguintes títulos: «Todo ben» (Xerais, 1985, 2010); «Un millón de vacas» (Xerais, 1989, 2023), Premio da Crítica Española; «Os comedores de patacas» (Xerais, 1991, 2021); «En salvaxe compaña» (Xerais, 1994, 2008), Premio da Crítica Galicia; «Que me queres, amor?» (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; «O lapis do carpinteiro» (Xerais, 1998, 2016), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); «Ela, maldita alma» (1999); «A man dos paíños» (Xerais, 2000); «As chamadas perdidas» (Xerais, 2002); «Contos de Nadal» (Xerais, 2003); «Os libros arden mal» (Xerais, 2006), Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; «Todo é silencio» (Xerais, 2010), «As voces baixas» (Xerais, 2012), «O último día de Terranova» (Xerais, 2015); «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» (Xerais, 2018), e «Tras do Ceo» (Xerais, 2024), Premio da Crítica Española 2024 e Premio Losada Diéguez 2025, a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza. En «O máis estraño» (Xerais, 2011) ten recompilados todos os seus relatos escritos ata ese momento.
No ámbito da poesía, pódense destacar: «Libro do Entroido» (1980), Premio O Facho; «Balada nas praias do Oeste» (1985); «Mohicania» (1986); «Ningún cisne» (1989), Premio Leliadoura; «Costa da morte blues» (Xerais, 1995); «O pobo da noite» (Xerais, 1996); a antoloxía «Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003)» (2003); «A desaparición da neve» (2009); «A boca da terra» (Xerais, 2015) e «O que fica fóra» (2021).
Para lectorado infantil e xuvenil publicou varias obras: «Bala perdida» (1997; Xerais, 2016); «O sombreiro Chichiriteiro» (Xerais, 2009); «O raposo e a mestra» (Xerais, 2013); «O Chispas» (Xerais, 2020) e «A nena lectora» (Xerais, 2021).
Cultivou tamén o xénero do ensaio, con títulos como: «No mellor país do mundo» (1991); «Toxos e flores» (Xerais, 1992); «Galicia, Galicia» (Xerais, 1999); «Muller no baño» (Xerais, 2002); «Unha espía no reino de Galicia» (Xerais, 2004); «Os Grouchos» (Xerais, 2008); «A corpo aberto. Unha ollada «indie» do local universal» (Xerais, 2008); «Contra todo isto. Un manifesto rebelde» (Xerais, 2018); «Zona a defender. A esperanza indócil» (Xerais, 2020), e «A revolución dos vagalumes. O dereito a soñar sen medo» (Xerais, 2026).
É codirector da revista «Luzes». En 2022 outorgáronlle a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e en 2024 foille concedido o Premio Nacional das Letras Españolas.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de Manuel Rivas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego