Onde se sitúan as orixes dos galegos? ╔ esta unha pregunta á que se lle deron respostas moi diferentes dende hai máis dun século e medio. Segundo a época en que nos situemos, os celtas, os castrexos ou mesmo os romanos foron considerados os nosos devanceiros, tal e como podemos comprobar nos textos…
(2,5 / 5) «Galicia e a identidade galega son, como xa dixen, procesos abertos, en permanente construción, susceptibles de experimentaren cambios e transformacións, nos cales a nosa ollada, sen esquecer o seu pasado, sempre ten que mirar ao futuro, porque iso é o que fan as comunidades vivas, non deixan de imaxinarse». Sen dúbida, a identidade galega continúa a ser un proceso en construción porque eu entendín máis ben pouco do noso pasado ou de como está plasmado neste libro. Tiña moito interese en ler sobre o tema xa que, como ben comenta o libro, pouco ou nada se fala da historia de Galicia no instituto e na escola. Pero diría que rematei o libro case igual que coma o empecei: confusa. Non me queda claro en que consistiu o noso pasado, aínda que supoño que aí está a cuestión: o noso pasado non é unha cousa sinxela, linear e homoxénea que se poida resumir facilmente en se fumos celtas ou castrexos ou romanos. Porén, non me gusta como se plasmou o tema no libro. A min, que non estou nada familiarizada co tema nin coa época, costoume moito seguir o fío e entender a información que me quería transmitir o autor. Isto ben pode ser carencia propia miña, non o nego. (Que alguén lle quite as comas aclaratorias a este señor, meu Deus).
e descubre todas as novidades do libro en galego