Hai un asasino solto polas rúas de Compostela e só dous irmáns distanciados tras a morte dos seus pais coñecen os segredos necesarios para detelo. Fernán e Xandre Malvís terán que superar as barreiras autoimpostas entre eles e aprender a confiar o un no outro mentres se enfrontan a un criminal que…
Unha historia novela policíaca mesturada co terror e as lendas que ten un final sorprendente.
a verdade é que non sei moi ben por onde empezar. gustoume moito a mestura do thriller/misterio coa fantasía e todo o que implica. o de ser unha criatura máxica/estar metido no mundo sobrenatural é visto de forma distinta polos personaxes. uns tratan de agochar o que son e de ignoralo (Fernán), mentres que outros buscan entendelo e queren sentirse máis unidos a todo iso (Xandre). en xeral fálase moito sobre non finxir nin obrigarte ser o que non es, a importancia de entender o que somos e aceptalo e o proceso de abrirse e contalo aos demais (coas perdas e beneficios que iso pode traer). creo que queda claro que amei os personaxes, sobre todo os irmáns e a evolución da súa relación. os dous teñen personalidades moi marcadas e ao principio isto dá orixe a varios conflitos (sobre todo polos complexos de Fernán de ser un lobishome). logo van pasando cousas e en fin que os quero moito. logo Breogán tamén amo, sobre todo co mini plot twist que hai polo final. é unha cousa que engade moito á conversa da identidade e de canto compartimos quen somos coa xente que queremos. tamén son moi fan dos viláns porque están máis dentro dos antiheroes (aínda que moi, moi grises) e podes ver por que actúan como actúan. por último dicir que non cheguei a adorar este libro porque sentín que lle faltou... algo. creo que ten que ver co número de páxinas. sentín que faltaban escenas, que algunhas situacións ocorrían demasiado rápido, como a relación entre Xandre e Breogán. i'm into this ship, pero sentín que en poucas conversas (polo menos polas que aparecen no libro) xa estaban pilladísimos un polo outro. en xeral, podo dicir que quería máis páxinas, QUERÍA MÁIS CONTIDO!
e descubre todas as novidades do libro en galego