Miñoca atópase con coello e, aínda que ao principio parecen non facer boas migas, axiña se decatan de que a amizade está moi por riba das diferenzas... Ou, se cadra, non tanto.
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición.
Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín (Xerais, 2017), É tempo de Entroido! (Xerais, 2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (Xerais, 2019), Meigas fóra! (Xerais, 2020), Non pare a festa (Xerais, 2021), De festa en festa (2022), Gloria (Triqueta, 2023), Inventario de bruxas da avoa Maruxa (Cumio, 2023), Violeta ás agachadas (Xerais, 2023) e Maios e desmaios (Xerais, 2025)».
Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023/2024) e «Fani e SuperDani» (Triqueta, 2023/2024/2025), e colaborou no volume colectivo Era outra vez (Cumio, 2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta».
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente (Edicións Embora, 2022) (Selección OEPLI, 2022 / Premio Frei Martín Sarmiento, 2024); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante (Diputación de Granada, 2023); en 2023, o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con Medo me dá! (Edicións Embora, 2024) (Selección OEPLI, 2024), e en 2025 o I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses con Pernascochas (Antela Editorial, 2025).
Publicou os contos en liña #EuQuedoNaCasa (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19; Bombas de chocolate (2022), sobre a guerra de Ucraína e Sucedeu en Samede, sobre a celebración do Entroido nesta localidade (2024).
Para o público adulto publicou Zoom (Xerais, 2022) e a plaquette Casa pequena (2025).
Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.
e descubre todas as novidades do libro en galego