Entre 1998 e 2012, María do Carme Kruckenberg publicou periodicamente, en edición non venal e co propósito de servir de agasallo ás amizades, un total de quince relatos breves acompañados de ilustracións de Eva Lloréns, Mercedes Lence, Gonzalo Suárez, Antón Goyanes e da propia autora. Eses relatos,
María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, nada en Vigo o 3 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 16 de maio de 2015, foi unha escritora galega.
Foi filla da galega Josefina Sanjurjo de Oza e do mexicano de orixe alemá Gustavo Kruckenberg Sartorius, afiliado á Falange Española en 1932. Bautizárona na concatedral de Santa María de Vigo, cos nomes de María del Carmen Josefina Margarita Beatriz. En febreiro de 1938 participou como actriz na estrea a obra de teatro de Álvaro Cunqueiro Érase una vez....
Estudou pola súa conta idiomas, historia, ciencias, literatura etc., converténdose nunha autodidacta. Viviu na Arxentina de 1949 a 1953, onde coñeceu moitos escritores galegos emigrados e arxentinos. De novo en Madrid, participou nas reunións do Café Gijón. Posteriormente, tras volver a Galicia, traballou como delegada científica nos Laboratorios Servier.
Autora de contos e tradutora, colaborou con diversas revistas e diarios, sobre todo en Faro de Vigo.
e descubre todas as novidades do libro en galego